Existen tres tipos de doazóns: exemplares soltos, coleccións e legados testamentarios. A BUSC só acepta materiais que cumpran cos estándares e criterios contemplados na súa política de adquisicións: non se aceptarán duplicados, non se aceptará material deteriorado, non se aceptarán obras que se atopen en formato electrónico e acceso libre, etc.
Podes consultar a guía Normativa de doazóns da Biblioteca da USC onde existe unha folla modelo para realizar a túa proposta. Unha vez cuberta debes enviala ao correo biblioteca.universitaria.adquisicions@usc.gal
Descarga a folla modelo para as doazóns.
Se desexas realizar unha exposición na que se empreguen fondos da BUSC debes atender a unha serie de prazos, requirimentos e compromisos, que podes consultar polo miudo na guía Normativa de préstamos de obras da BUSC para exposicións, onde atoparás o Formulario para a solicitude de obras en préstamo para exposicións que deberás enviar, asinado polo representante da entidade interesada, ao correo: biblioteca.universitaria.informacion@usc.gal