O servizo "Solicitar reserva anticipada" permite reservar obras do fondo patrimonial da biblioteca ubicadas na Biblioteca Xeral para a súa consulta na Sala de investigadores (biblioteca.xeral.salainvestigadores@usc.gal).
Unha vez localizada a obra de interese e iniciada a sesión no catálogo Iacobus, hai que premer na opción Solicitude.
Ábrese un formulario no que se deben indicar as datas nas que interesa consultar a obra, mais cómpre ter en conta que a data real de consulta virá determinada pola dispoñibilidade do exemplar na Biblioteca.
Pódense engadir comentarios, se fose necesario.
Na sección "Solicitudes" de "A miña conta" en Iacobus pódese ver o estado das solicitudes e cancelalas de ser neceario.