Plataforma de libros electrónicos de contido académico a texto completo de prestixiosas editoriais. Acceso a máis de 225.000 títulos en castelán e inglés de temática multidisciplinar cuxa selección atende a criterios de calidade científica e académica, debido a que os seus títulos proceden de provedores de renome e editoriais de prestixio. Esta colección abarca as seguintes materias: Arte, Negocios, Educación, Historia, Medicina e Saúde, Lingüística e Literatura, Relixión e Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía, Ciencias sociais...
DOAB é un servizo de descubrimento impulsado pola comunidade que indexa e proporciona acceso a libros académicos de acceso aberto revisados por pares e axuda aos usuarios a atopar editores fiables de obras publicados baixo este tipo de licenzas. Todos os servizos de DOAB e todos os datos que alberga están dispoñibles gratuitamente.
Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas
IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias.
Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros.
Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK.
Plataforma que dá acceso a máis de 100.000 libros electrónicos académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar. Ten a posibilidade de que cada usuario dispoña dunha conta persoal para determinadas funcionalidades (descarga de libros, escribir anotacións neles, gardar ligazóns a libros de interese, etc.)
Journal Storage Project (JSTOR), é un proxecto de dixitalización de publicacions periódicas con fins académicos. Este recurso ten como obxectivo facilitar o acceso á información retrospectiva polo que no inclúe os últimos números das revistas. Na maior parte dos casos podemos acceder aos textos completos dende os primeiros números ata os publicados entre 2 e 5 anos atrás.
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier.
Inclúe: revistas, series, libros, manuais e obras de referencia.
Revistas e libros electrónicos na plataforma SpringerLink
Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas.
Permite a consulta en liña e offline de libros de texto de diversas editoriais académicas.
Require de rexistro a primeira vez que se accede.