Dirixido ao alumnado de Posgrao e ao PDI.
O curso desenvolverase nunha contorna virtual. A duración do curso será de oito semanas, cunha inversión en tempo do alumnado de 25 horas. O curso organizarase en sete módulos, cos contidos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio.
Esta formación está incluída no Plan de Formación e Innovación Docente e na programación das actividades transversais ofrecidas pola Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS).