1. Ser capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais e xestionar o tempo de estudo e traballo.
2. Coñecer os recursos de información e servizos a través da web da BUSC e os recursos TIC da USC.
3. Saber que é unha fonte de información e os diferentes tipos. Aprender a planificar unha busca e localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e Internet.
4. Ser quen de avaliar correctamente a información atopada, para así seleccionar aquela que mellor resolva as súas necesidades. Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube.
5. Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica propia da elaboración dun traballo de investigación. Comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias e evitando o plaxio.
6. Coñecer máis dunha ferramenta para presentar traballos académicos. Ser quen de difundir e compartir información a través da web e das redes sociais. Aprender a xestionar a propia identidade dixital sen riscos. Entender o que son os dereitos de autor e as implicacións de publicar en acceso aberto os resultados da investigación, e os seus beneficios para a difusión da ciencia.