Ir ao contido principal

Curso Experto en Competencias en Información

Metodoloxía

Desenvolvemento do curso virtual: oito semanas de duración e un traballo aproximado do/a alumno/a de 25 horas:

  • Lectura dos sete módulos.
  • Realización dos cuestionarios e exercicios (tarefas) relacionados cos temas.
  • Enquisas iniciais: unha de datos previos, con fins estatísticos, e outra de diagnose sobre os coñecementos que ten o alumnado antes de comezar o curso.
  • Enquisas de satisfacción enviadas aos participantes no curso: alumnado, profesorado colaborador e aos/ás formadores/as e titores/as.
  • Participación nos foros como ferramenta para a titorización e a motivación das competencias sociais do alumnado.

Poderase ofrecer unha ou varias sesións presenciais para a práctica de buscas no catálogo e nas bases de datos, uso do xestor bibliográfico, etc., a acordar co profesorado e o alumnado.