Ir ao contido principal

Curso Experto en Competencias en Información

Competencias

1. O alumnado asume que saber xestionar información é unha práctica transversal que debe completar o seu proceso de formación na universidade, que lle facilita o estudo, lle axuda a investigar e a realizar traballos académicos cunha metodoloxía científica.

2. O alumnado adquire a nivel experto ou de especialización habilidades e destrezas para buscar información, localizar, seleccionar, analizar e  construír novos coñecementos de forma autónoma, construtiva e ética de acordo cos seus propósitos.

3. O alumnado aprende a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade, a través dos seus traballos académicos e das redes sociais. Coñece os seus dereitos de autor/a e aprende a evitar o plaxio. Sabe como aumentar a visibilidade da súa investigación, creando o seu perfil dixital e publicando en acceso aberto.