Ir ao contido principal

Curso Experto en Competencias en Información

Avaliación do curso

Avalíanse:

  • Os exercicios e/ou cuestionarios correspondentes aos distintos módulos temáticos (obrigatorios).

A  cualificación final será: “apto/a” ou “non apto/a”. Para acadar o apto/a cómpre:

  • Ter unha puntuación media de 5 como cualificación total do curso, tendo en conta que é requisito indispensable realizar todas as tarefas obrigatorias.
  • Superar a/s tarefa/s de busca de información e de citar e xerar bibliografía cunha nota igual ou maior que 5. Só a superación destas tarefas dará dereito ao cálculo da nota media sinalada no parágrafo anterior.

A participación nos foros temáticos pode ser requirida, mais non conta para o cálculo da media.

A Biblioteca expedirá os diplomas correspondentes que avalan aos estudantes a realización deste curso de formación por un total de 25 horas.