Ir ao contido principal

Curso Básico de Formación en Competencias en Información

Información Xeral

Dende o ano académico 2024/2025 o curso de Competencias en Información para estudantado de grao, organizado pola Biblioteca Universitaria, preséntase como unha única acción formativa común para todas as titulacións da USC, con dúas edicións por ano académico. A participación abrangue a todo o estudantado da USC, aínda que se ofrecen distintos itinerarios adaptados ás diferentes áreas de coñecemento.

O curso impártese a través do Campus Virtual da USC e ten unha duración de 5 semanas, cunha dedicación estimada de 25 horas, dependendo das competencias previas de cada persoa e da dificultade percibida na comprensión dos contidos e na realización dos exercicios e tarefas propostas. A formación consta de dez módulos, cos contidos teóricos e diferentes probas de avaliación.

DATAS DE MATRÍCULA E DESENVOLVEMENTO