Para superar o curso é necesario:
Pode haber tests autoavaliables de realización recomendada que axudan a comprobar o grao de comprensión de cada módulo. Estes test non puntúan, pero a súa realización pode terse en conta positivamente na avaliación do curso de cara a alcanzar a nota mínima para superalo.
Unha vez rematado o curso publicarase no taboleiro de novas da aula virtual a listaxe provisoria de alumnado apto. Disporán dun prazo de 7 días naturais para presentar alegacións e, transcorrido este, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que correspondan.
A cualificación final do curso (Apta/o - Non apta/o) e o crédito ECTS integraranse no expediente académico do alumnado de grao unha vez pechado o periodo de actas dos cursos de Competencias en Información. O crédito integrarase de forma automática sempre que na matrícula se solicitase a súa imputación. En caso de dúbida sobre a opción escollida, pode comprobarse na Secretaría Virtual, no apartado As miñas actividades, premendo no curso correspondente.
Se o curso está vinculado a unha materia concreta de grao, a listaxe definitiva remitirase ao profesorado responsable para que a teña en conta na súa avaliación.
Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que repitan un mesmo curso xa superdado coa cualificación de apta/o.
A BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación desta formación, que será enviado por correo electrónico ao estudantado unha vez rematada a actividade.
