Ir ao contido principal

Curso Básico de Formación en Competencias en Información

Competencias

A Unión Europea integra as Competencais en Información dentro da Competencia Dixital, considerada unha oito competencias chave que todo o estudantado debe ter adquiridas ao rematar a súa formación académica. A xestión da información concíbese como unha habilidade transversal que completa o proceso de formación na universidade, favorece o estudo autónomo e facilita a investigación e a elaboración de traballos con metodoloxçia científica.

O marco europeo DIGCOMP (2016) define 21 competencias dixitais, que son as que se abordan neste curso para capacitar o estudantado de grao conforme ao marco de competencia dixital establecido.

As 21 competencias estrutúranse nas seguintes cinco áreas:

ÁREA 1: Información e tratamento de datos

C1. Navegación, procura e filtrado de información, datos e contidos dixitais

C2. Avaliación de información, datos e contidos dixitais

C3. Xestión de información, datos e contidos dixitais

ÁREA 2: Comunicación e colaboración

C4. Interacción mediante tecnoloxías dixitais

C5. Compartir mediante tecnoloxías dixitais

C6. Participación social mediante tecnoloxías dixitais

C7. Colaboración mediante tecnoloxías dixitais

C8. Netiqueta

C9. Xestión da identidade dixital

ÁREA 3: Creación de contido dixital

C10. Desenvolvemento de contidos dixitais

C11. Integración e reestruturación de contido dixital

C12. Dereitos de autor e licenzas

C13. Configuración e personalización de aplicacións e programas informáticos

ÁREA 4: Seguridade

C14. Protección de dispositivos

C15. Protección de datos persoais e privacidade

C16. Protección da saúde e o benestar

C17. Protección da contorna

ÁREA 5: Resolución de problemas

C18. Resolución de problemas técnicos

C19. Identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas

C20. Uso da tecnoloxía dixital de forma creativa

C21. Identificación de lagoas na competencia dixital