Ir ao contido principal

Curso Básico de Formación en Competencias en Información

Obxectivos

  1. Ser quen de recoñecer a importancia da adquisición de competencias dixitais e xestionar o tempo de estudo e traballo.
  2. Coñecer os recursos de información e servizos da Biblioteca Universitaria a través da súa web e os recursos TIC que a USC pon á túa disposición.
  3. Ser quen de identificar unha necesidade de información e de elaborar unha estratexia de busca adecuada. Localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e na Internet.
  4. Saber avaliar a utilidade dos recursos atopados na rede e almacenar e organizar a información para empregala posteriormente.
  5. Aprender a aplicar unha metodoloxía científica básica na elaboración dun traballo académico e comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias bibliográficas. Coñecer, a nivel básico, os dereitos de autoría e as licenzas. Entender que é o acceso aberto á información.
  6. Empregar  ferramentas básicas para a edición de contidos dixitais, presentación de traballos académicos e almacenamento. Saber compartir contidos na nube.
  7. Ser quen de protexer a identidade dixital e os recursos informáticos que utilizas. Saber utilizar a tecnoloxía dixital de forma creativa, e resolver problemas técnicos sinxelos.