Ir ao contido principal

Curso Avanzado de Formación en Competencias en Información

Obxectivos

  1. Ser capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais e xestionar o tempo de estudo e traballo, de cara á elaboración do TFG.
  2. Coñecer e saber empregar como usuario/a avanzado/a os recursos de información e servizos a través da web da BUSC e os recursos TIC da USC.
  3. Saber que é unha fonte de información e escoller os tipos de fontes máis adecuados ás súas necesidades específicas. Aprender a planificar unha busca e localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e na Internet, relacionadas co tema do seu TFG.
  4. Ser quen de avaliar correctamente a información atopada, en función da precisión e necesidades do seu traballo, para así seleccionar aquela que mellor as resolva. Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube.
  5. Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica propia da elaboración dun Traballo Fin de Grao. Comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias e evitando o plaxio. Coñecer máis dunha ferramenta para presentar traballos académicos.
  6. Coñecer, a nivel avanzado, as implicacións da Propiedade Intelectual e como compartir información respectando os dereitos de autor propios e dos demais. Ser quen de difundir e compartir información a través da web e das redes sociais. Aprender a xestionar a propia identidade dixital sen riscos. Entender o que é o acceso aberto e os seus beneficios para a difusión da ciencia.