A cualificación final será: “apto/a” ou “non apto/a”. Para acadar o apto/a será necesario acadar un mínimo de 5 na nota final do curso, tendo en conta que as cualificacións dos exercicios poderán estar ponderadas segundo a súa dificultade ou nivel de esixencia.
Acreditación da superación do Curso
Unha vez rematado o curso farase pública -a través da Aula virtual do curso-, a listaxe provisoria de alumnado apto e non apto, xunto coa causa que motive, de ser o caso, a non superación do curso (suspenso ou abandono). O alumnado disporá dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda.
No caso de que este curso estea vinculado a unha materia de Grao a listaxe definitiva será remitida ao profesorado da devandita materia, para ser tido en conta na súa avaliación.
A USC recoñece esta actividade con 1 crédito ECTS; a súa imputación no expediente do alumnado apto é automática -sen necesidade de solicitude previa- cando se cumprimenten as actas do curso. Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de competencias en información que non sexa o propio da súa titulación.