Skip to Main Content

Curso Avanzado de Formación en Competencias en Información

Recursos tecnolóxicos e humanos

  • Plataforma de aprendizaxe Moodle (Campus virtual da USC).
  • Como ferramenta de comunicación: o foro, un instrumento moi útil para o intercambio de información entre os participantes no curso, será o medio para comunicarse co profesorado/formador.
    • Establécese un Foro de novidades para avisos e incidencias no desenvolvemento do curso por parte do profesorado.
    • Outro Foro de dúbidas e suxestións para lanzar consultas dirixidas aos profesores/as titores/as ou aos compañeiros/as. Calquera intervención será respondida nun prazo máximo de 48 horas, tendo en conta que as fins de semana e días festivos non son lectivos.
    • E un Foro temático para adquirir competencias relacionadas coa capacidade análise e debate.
  • Titorización por parte do persoal da biblioteca e do profesorado colaborador.