A pestana de TESAUROS está dispoñible dende a BUSCA AVANZADA. Permite seleccionar nestes vocabularios controlados termos aceptados para mellorar a busca, podendo combinar termos máis xenéricos e máis concretos, así como dispoñer de indicacións sobre termos aceptados e non aceptados, sinalándose o termo equivalente na base de datos.
En ASFA atopamos dous tesauros: un de termos de materia e outro de nomes taxonómicos de especies. Dentro de cada un dos tesauros existe un menú para combinar con operadores booleanos varios termos, de xeito que constuímos nunha fila unha cadea de busca

