Esta base de datos elabórase en colaboración coa Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación. Nela recóllense distintos tipos de documentos relacionados coas ciencias mariñas, acuicultura e oceanografía, incluíndo documentos dende 1971 ata a actualidade.
Materias que abarca: bioloxía, ecoloxía, piscicultura, acuicultura, oceanografía, limnoloxía, recursos e comercio, polución, biotecnoloxía, tecnoloxía e enxeñaría marina, meteoroloxía e climatoloxía marina e recursos non viventes (petróleo, gas, minerais, produtos químicos).
As buscas en ASFA resultan máis sinxelas empregando os tesauros, aos que se accede a través da busca avanzada, un de termos de materia e outro de termos taxonómicos (vocabulario de nomes latinos de organismos), moi útil na Bioloxía e disciplinas afíns.
ASFA ademáis intégrase na base de datos Earth, Atmospheric & Aquatic Science, xunto con outras dúas: Earth, Atmospheric & Aquatic Science Database ; Meteorological & Geoastrophysical Abstracts.
Dende REBUSCA podes acceder a calquera destas bases de datos.
A nivel interno, á súa vez, ASFA componse de 6 bases de datos, tres referenciais e tres de resumos, que permiten especificar a busca seleccionando só unha delas:
Oceanic Abstracts: ofrece resumos sobre bioloxía mariña, oceanografía física, pesca, acuicultura, recursos non vivos, meteoroloxía, xeoloxía..., ademáis de temas medioambientais, tecnolóxicos e lexislativos, medio mariño e augas salgadas. É considerada unha das principais fontes de información sobre temas relacionados cos océanos. Actualización mensual.