Ir ao contido principal

ASFA -Guía

INTRODUCIÓN

Esta base de datos elabórase en colaboración coa Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a  Alimentación. Nela recóllense distintos tipos de documentos relacionados coas ciencias mariñas, acuicultura e oceanografía, incluíndo documentos dende 1971 ata a actualidade. 

Materias que abarca: bioloxía, ecoloxía, piscicultura, acuicultura, oceanografía, limnoloxía, recursos e comercio, polución, biotecnoloxía, tecnoloxía e enxeñaría marina, meteoroloxía e climatoloxía marina e recursos non viventes (petróleo, gas, minerais, produtos químicos).

As buscas en ASFA resultan máis sinxelas empregando os tesauros, aos que se accede a través da busca avanzada, un de termos de materia e outro de termos taxonómicos (vocabulario de nomes latinos de organismos), moi útil na Bioloxía e disciplinas afíns.

ASFA ademáis intégrase na base de datos Earth, Atmospheric & Aquatic Science, xunto con outras dúas: Earth, Atmospheric & Aquatic Science Database ; Meteorological & Geoastrophysical Abstracts.

Dende REBUSCA podes acceder a calquera destas bases de datos.

 

A nivel interno, á súa vez, ASFA componse de 6 bases de datos, tres referenciais e tres de resumos, que permiten especificar a busca seleccionando só unha delas:  

  1. Biological Sciences & Living Resources: recolle información sobre organismos mariños, de auga dulce ou salgada, sobre a xestión cooperativa de recursos acuáticos vivos.
  2. Ocean Technology, Policy & Non-Living Resources : céntrase na oceanografía e recursos non vivos, como as estruturas  costeiras e a limnoloxía. Inclúe a xeoquímica e xeoloxía en relación a estes temas, así como os aspectos legais, económicos, estructurais comerciais do medio mariño.
  3. Ocean Pollution & Environmental Quality : recolle información dende 1990  sobre contaminación acuática, prevención e control, así como efectos sobre a saúde pública de océanos, mares, lagos, ríos e estuarios. 
  4. Aquaculture Abstracts : ofrece resumos de documentos a partir de 1984 sobre a acuicultura e a xestión, mellora e rendemento acuático, cultivo de especies mariñas, de auga doce e salgada, biocombustibles e cultivos submarinos. 
  5. Marine Biotechnology Abstracts : documentos de investigación básica e aplicada sobre biotecnoloxía mariña: Inclúe acuicultura mariña, bioproductos de algas, biorremediación, descubrimento e desenvolvemento de produtos e fármacos, propiedades xenómicas de organismos acuáticos , incluíndo  illamento, químico, secuenciación de xenes, proxectos xenómicos e banco de xenes). A cobertura temporal é a partir de 1989.
  6. Oceanic Abstracts: ofrece resumos sobre bioloxía mariña, oceanografía física, pesca, acuicultura, recursos non vivos, meteoroloxía, xeoloxía..., ademáis de temas medioambientais, tecnolóxicos e lexislativos, medio mariño e augas salgadas. É considerada unha das principais fontes de información sobre temas relacionados cos océanos. Actualización mensual.