Ir ao contido principal

ASFA -Guía

REALIZAR UNHA BUSCA

Exemplo de busca básica. Tema: A polución acuática en Galicia.

1. Seleccionamos Busca Básica e introducirmos os termos, preferiblemente en inglés. 

Desta busca obtemos 906 resultados.

Para ir reducindo o número de documentos a revisar imos filtrar por:

  1. Artigos avaliados por expertos (dan unha maior calidade ás publicacións/investigacións).
  2. Idioma: Español (no caso de necesitar máis documentación engadiriamos o inglés).
  3. Data de publicación: dende 2010/01/01 - actualidade.

Exemplo de busca avanzada. Tema: Proliferación de algas en augas doces

Para realizar unha busca avanzada é moi recomendable facer uso dos TESAUROS, xa que deste xeito conseguiremos empregar os termos específicos máis axeitados para que os resultados sexan pertinentes.

1. Accedemos á BUSCA AVANZADA e prememos en TESAURO.

Escollemos o tesauro AQUATIC SCIENCES & FISHERIES ABSTRACTS (ASFA) TEHSAURUS. 

Ao lanzar a busca co termo ALGA xa visualizamos os diferentes termos relacionados que estarían aceptados (é dicir, cales deberiamos empregar para buscas sobre algas). Prememos naquel termo que máis se axuste ao que queremos buscar, neste caso ALGAL BLOOMS, porque a busca está relacionada coa proliferación de algas.

Premendo en Algal Blooms vemos que o termo que debemos empregar é Plankton blooms (xa nos indica debaixo que o usemos para: Algal blooms). Unha vez seleccionado o termo prememos en AÑADIR.

Ao premer en AÑADIR se nos inclúe na liña de busca ese termo, para engadir máis condicións á busca poñémonos na segunda liña, seleccionando o operador correspondente (neste caso AND) e voltamos a premer en TESAURO para seleccionar outro termo do mesmo tesauro anterior. 

Neste caso buscamos FRESH WATER (AGUA DOCE) e nos indica que é un termo xa aceptado, pero as dúas palabras xuntas, "freshwater", prememos nel e lle damos a AÑADIR.

Deste xeito xa o temos engadido na segunda liña da busca. Á dereita escollemos onde queremos que aparezan eses termos, pode ser en calquera campo ou nun específico, neste caso puxemos RESUMEN (Abstract). Tamén podemos seguir perfilando a busca marcando outras condicións nos recadros de Tipo de Fonte, Tipo de Documento ou Idioma. Nesta busca seleccionamos Artigo (Tipo de fonte) e Inglés e Español (Idioma).

E así chegamos á listaxe dos resultados da busca: 58 resultados.

Este tipo de busca está dispoñible dende a Busca Avanzada a través da opción Línea de comandos. Trátase de realizar buscas mediante códigos de campo. Recoméndase para buscas expertas, con certo dominio do funcionamento da base de datos.  Sinala no menú como ferramentas de apoio na búsqueda : tesauro, consultar termos, códigos de campo, así como menús de axuda para construír de xeito coherente a busca mediante comandos.