Ir ao contido principal

ASFA -Guía

CREAR UNHA CONTA

Se consultas esta base de datos con frecuencia é moi aconsellable que crees unha conta, para poder beneficiarte das opcións complementarias que isto supón. 

Cuberto este formulario xa terás un menú propio para xestionar a túa actividade na base de datos ASFA.

 

Nunha listaxe de resultados imos atopar unhas iconas que nos permitirán:

  1. citar no estilo que escollamos
  2. enviar a listaxe por correo electrónico
  3. gardar os resultados na miña conta de ASFA
  4. exportar os rexistros en diferentes formatos

Xunto á listaxe de resultados tamén imos ver, lo lateral superior da dereita da pantalla, as seguintes opcións:

Se nos interesa estar alerta das novas publicacións que se incorporan nesta base de datos sobre un tema o mellor é empregar algunha das opcións que saen ao premer en GARDAR BUSCA:

  • Se gardamos a busca, poderemos volver á base de datos e lanzar esa busca sen introducir de novo os termos desta.

  • Se creamos unha alerta recibiremos no correo electrónico unha mensaxe cando se incorporen novas entradas/rexistros en ASFA sobre ese tema da nosa busca. 

Imos ver as partes dun rexistro bibliográfico en ASFA:

Este documento en concreto trátase dun artigo de revista. Na parte superior visualizamos a referencia e logo vemos o Resumo. Por debaixo deste engádense as materias, palabras chave, título da publicación, ano, etc.

Na parte lateral dereita temos a opción de ir ao texto completo do artigo a través do catalágo IACOBUS, que nos remite á localización desa revista na BUSC. Tamén neste parte vemos fontes suxeridas sobre o mesmo tema e a opción de buscar por termos indexados máis concretos.

Ao final da páxina aparecen de novo fontes suxeridas para seguir investigando sobre a temática da busca que realizamos.