Na páxina de inicio xa atopamos os dous tipos de busca máis empregados que permite ASFA:
Busca básica: introducir os termos que consideremos necesarios para a busca, combinando cos operadores que estimemos oportunos, sen achegas nin suxerencias por parte da interface, máis que un menú con consellos de busca.
Busca avanzada: permite estruturar a busca en ata un máximo de 10 filas que se combinan entre sí cos operadores booleanos AND, OR e NOT. Nos despregables á dereita de cada liña permite indicar sobre que campo queremos que lance a busca de cada fila (materias, autor, título, resumos, localización, etc). Na parte inferior desta ventá dispoñemos de filtros como tipo de fonte e tipo de publicación, e outros habituais como idioma e datas dos documentos.
A pestana de TESAUROS permite seleccionar nestes vocabularios controlados termos aceptados para mellorar a busca, podendo combinar termos máis xenéricos e máis concretos, así como dispoñer de indicacións sobre termos aceptados e non aceptados, sinalándose o termo equivalente na base de datos.
En ASFA atopamos dous tesauros: un de termos de materia e outro de nomes taxonómicos de especies. Dentro de cada un dos tesauros existe un menú para combinar con operadores booleanos varios termos, de xeito que constuímos nunha fila unha cadea de busca.
Para explicar como se busca nesta base de datos imos poñer un exemplo práctico tanto no apartado de busca básica como de busca avanzada.