Dende a páxina de inicio da BUSC, clicar en reBUSCa, e localizar alfabeticamente clicando na A, ASFA, ou ben na E, Earth, posto que ASFA está incluída nesta, como indicamos no apartado INICIO. Para cambiar as bases de datos que imos empregar, dende a pantalla de inicio, clicamos en “Cambiar bases de datos”

Na seguinte pantalla marcamos e desmarcamos as bases de datos a empregar na busca:

Se prememos na icona + podemos ver que están marcadas as 6 bases de datos que se inclúen en ASFA.

Unha vez que se accede á interface de ASFA, recomendamos crear unha conta, empregando o enderezo electrónico institucional; isto permitiranos ter máis funcionalidades, por citar algunhas: gardar rexistros máis aló da sesión de busca ( a sesión de busca expira tras 30 minutos de inactividade), crear listas e alertas de buscas ou sincronizar directamente co xestor bibliográfico Refworks.