Ir ao contido principal

Lorca e Galicia : 90 aniversario da primeira edición de Seis poemas galegos

No ronsel de Nós: novas edicións dos Seis poemas galegos

 

"Nunca esmorecerá en Galicia o agradecemento a García Lorca polo don dos Seis Poemas Galegos

Xosé Luís Méndez Ferrín 

Aínda non rematada a Guerra Civil a obra galega de Lorca estaba xa a ser editada de novo, desta vez, como non podía ser doutro xeito, no territorio do exilio. Publícaa a editorial Losada de Bos Aires en 1938, no marco das obras completas do poeta granadino. 

Deste lado do Atlántico consta a insólita presenza de dous dos poemas galegos no diario conservador El Compostelano en 1938 e 1939, e  xa en plena posguerra, en 1946, publícanse os seis poemas na revista Finisterre, realizada daquela en Madrid. 

En Galicia os Seis poemas galegos non volverán ser publicados ata 1955, cando a editorial Galaxia os inclúe no volume IV da súa influínte Escolma de poesía galega, preparada por Francisco Fernández del Riego. Desde entón a obra galega de Lorca foi obxecto de edicións dentro e fóra de Galicia, os seus versos foron traducidos a diversos idiomas e reinterpretados musical e visualmente, incluso en formato escultórico.

Póster No ronsel de Nós: novas edicións dos Seis poemas galegos

Poster exposición