Ir ao contido principal

Lorca e Galicia : 90 aniversario da primeira edición de Seis poemas galegos

As amizades galegas

 

“Querido amigo: recuerdo con verdadero encanto los días en Santiago y la alegría de ese grupo de amigos, a quienes no olvido y espero ver muy pronto.” 

Carta de Lorca a Carlos Martínez Barbeito, 23 de maio de 1932

Lorca relacionouse nas súas viaxes a Galicia con boa parte da intelectualidade galega dos anos 30. Nas distintas cidades e vilas galegas atopará colegas, admiradores e persoas coas que estabelecerá fondas relacións afectivas. 

En Madrid, na súa etapa da Residencia de Estudiantes xa coñecera o compositor lucense Jesús Bal y Gay, a pintora Maruja Mallo e o escritor ourensán, Serafín Ferro.  

Será nas súas estadías do ano 1932 cando cree un círculo firme de amizades, co cal manterá un continuo contacto epistolar ata o seu asasinato en agosto de 1936. Algúns deles, como Arturo Cuadrado, eran membros destacados dos Comités de Cooperación Intelectual, grupos creados co obxectivo de dinamizar a vida cultural e invitar a conferenciantes foráneos de renome, como o propio Lorca. 

Cabe destacar, asi mesmo, a figura de Carlos Martínez Barbeito, estudante de Dereito na Universidade de Santiago, que se converterá nun dos amigos máis íntimos do poeta granadino en Galicia e principal cronista das súas actividades. 

Os pintores Carlos Maside e Luis Seoane, os escritores Ánxel Fole, Carvalho Calero e Fernández del Riego, serán testemuñas tamén da fascinación de Lorca pola nosa cultura e o noso idioma. 

En relación coa xénese dos Seis Poemas Galegos foi fundamental o estreito vínculo que mantivo Federico con Eduardo Blanco Amor e Ernesto Guerra da Cal

Arturo Cuadrado (Dénia, 1904 – Buenos Aires, 1998). Escritor e político 

Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 – Madrid, 1993). Músico 

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990). Filólogo, lingüista e escritor 

Carlos Maside (Pontecesures, 1897 – Santiago de Compostela, 1958). Pintor 

Luis Seoane (Bos Aires, 1910 - Coruña, 1979). Pintor 

Luis Manteiga (Santiago, 1903 – Santiago, 1949). Escritor 

Ánxel Fole (Lugo, 1903 – Lugo, 1986) Escritor

Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010) Escritor e político 

Francisco Lamas (Lugo, 1905 – Madrid, 1987). Médico e político 

Domingo García-Sabell (Santiago 1908 – A Coruña, 2003). Médico, escritor, político e académico 

 

Póster As amizades galegas (I)

Poster exposición

As amizades galegas (e II)

Poster exposición