A BUSC mantén na súa intranet un inventario da infraestrutura de todo o equipamento técnico que se atopa nos seus servizos e bibliotecas de centro, así como das baixas dos equipos.
Este inventario inclúe ordenadores tanto do persoal como públicos (CPU, pantalla, rato e teclado), impresoras, escáneres, lectores ópticos, teléfonos...
Queda excluído o material de uso persoal como os auriculares.
Os directores e directoras das Bibliotecas de centro, os xefes e xefas de servizo e os xefes e xefas de negociado teñen a obriga de manter actualizado o inventario no que afecta o seu servizo.
