Hai unha única biblioteca universitaria con diferentes puntos de servizo ou bibliotecas de centro nos campus de Santiago e Lugo. Ver listaxe
Dirixíndote ao persoal de calquera das bibliotecas; visitando o sitio web; ou escribindo ao correo electrónico biblioteca.universitaria.informacion@usc.gal
Como norma xeral o horario é de luns a venres de 8.30h a 21.30h. Algunhas abren sábados, domingos e festivos de 10h a 19.30h. As variacións que se producen ao longo do curso por vacacións ou períodos de exames publícanse oportunamente na sección de Actualidade e nas redes sociais nas que participa a BUSC. Estes cambios non afectan igual a todos os centros, polo que se recomenda consultar sempre a páxina de Horarios.
Si. Estes horarios publícanse no seu momento na sección de Actualidade da web da BUSC e nas redes sociais nas que participa a Biblioteca.
Os servizos da BUSC están dirixidos á comunidade universitaria (alumnado, PDI e PTXAS) e persoas con carné da biblioteca.
Para os membros da USC a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) funciona como carné de biblioteca. As credenciais da USC (correo electrónico institucional e contrasinal) identifican ao usuario ou usuaria na web da BUSC e danlle acceso a servizos e recursos electrónicos exclusivos.
Se non é membro da USC pero cumpre os requisitos que a biblioteca esixe pode solicitar un carné da biblioteca no mostrador de préstamo de calquera centro da BUSC previa presentación dunha foto, DNI, e a documentación que acredite que cumpre os requisitos.
En caso de non cumprir os requisitos, poderase presentar unha solicitude na Biblioteca, xustificando a necesidade de facer uso dos seus fondos.
A TUI terá validez mentres o usuario ou usuaria manteña a súa vinculación coa Universidade. O carné da biblioteca expedido a persoas externas á USC terá validez durante o período que esta estableza que, por norma xeral, é dun ano renovable.
Para utilizar os servizos da BUSC deberá acreditarse mediante un carné da biblioteca. Este permítelle consultar e levar fondos en préstamo nas condicións establecidas pola Biblioteca para persoas autorizadas que non forman parte da comunidade universitaria.
Si, a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) e os carnés da biblioteca proporcionan acceso aos fondos e servizos da BUSC na súa totalidade, en todos os seus puntos de servizo e nas condicións que se especifiquen en cada un deles.
Os restantes usuarios autorizados da Biblioteca Universitaria terán dereito a aqueles servicios que a Comisión de Biblioteca estableza para cada grupo de usuarios externos.