Ir ao contido principal

Scopus-Perfil de investigador

SINCRONIZAR UN PERFIL COA CONTA ORCID

Scopus ofrece a posibilidade de utilizar os datos do perfil de autor noutras plataformas, como por exemplo ORCID.

Cando un ORCID está asociado a un perfil de Scopus, os usuarios poden ver a ligazón a ese ORCID na páxina de detalles do autor.

link orcid Scopus

Con todo, hai que ter en conta que conectar o perfil a unha conta ORCID non crea un fluxo automático de Scopus a ORCID ou viceversa. O usuario ten que exportar de xeito regular os documentos recentemente indexados en Scopus. Para isto:

1. Iniciamos sesión co rexistro de usuario e accedemos ao perfil

2. Pulsamos "Connect to ORCID", o que iniciará a sesión en ORCID ou permitirá rexistrarse seguindo as instruccións que se nos dan en pantalla. Unha vez iniciada a sesión en ORCID, podemos completar o proceso de importación. connect to orcid Scopussign in orcid

3. Na seguinte pantalla, pulsamos "Start".

4. Seleccionamos a forma da sinatura que aparecerá como nome principal no perfil. 

preferred name Scopus

5. Seleccionamos as publicacións que se queren pasar desde o perfil de Scopus ao de ORCID marcando o símbolo verde de check. check

6. Revisamos tanto as publicacións como a información que se vai pasar dun perfil ao outro e pulsamos "Next"

review Scopus profile

7. Introducimos o enderezo electrónico nos dous cadros de texto que aparecen e prememos "Send Author ID"

Scopus-orcid

8. Por últmo, enviamos as publicacións a ORCID clicando en "Send my publicatrion list"

Scopus id submitted