Scopus permite crear alertas para que nos cheguen notificacións:
Para crear alertas temos que:
1. Identificarnos na nosa conta persoal.
2. Realizar a procura por autor para buscar o perfil e desde alí premer o botón "Set alert". 
3. Na seguinte xanela seleccionamos as opcións que queremos activar e a frecuencia.

4. Para ver, editar ou eliminar as alertas, podemos acceder a elas dende o botón que se atopa na esquina superior dereita da pantalla, onde están as nosas iniciais como autores identificados.

