Ir ao contido principal

Scopus-Perfil de investigador

RECLAMAR DOCUMENTOS NOSOS ATOPADOS BAIXO OUTROS PERFÍS

Scopus permite tanto reclamar documentos atopados erroneamente baixo outro perfil de investigador como eliminar documentos do propio perfil asignados incorrectamente polo algoritmo. Para reclamar documentos:

1. Unha vez rexistrados, editamos o perfil.

2. Identificámonos como donos dese perfil.

yes, this is my profile

3. Seleccionamos na marxe esquerda a pestana "Documentos".

select document

4. Ao final da páxina móstrase a opción de buscar documentos que non se atopan baixo o noso perfil. Desde aí lanzamos a busca.

searching documents

5. Podemos buscar por calquera campo, pero o máis recomendable (se é posible) é facelo polo DOI ou o título exacto. Seleccionamos o documento desexado con "+Add to profile".

6. Indicamos cal dos autores corresponde ao noso perfil e pulsamos "Add document".