O proceso iníciase como no caso anterior. Identificámonos e editamos o noso pertil, especificando que somos o autor.
Despregando o listado de documentos do autor vemos que cada un conta cun botón para ser eliminado.
Neste proceso podemos aproveitar para revisar o nome principal de acceso do autor ou a afiliación que aparece como principal (xeralmente a que se corresponde ao último documento incorporado).
O comezo destes procesos de corrección será confirmado por Scopus mediante un correo electrónico e tardará en resolverse aproximadamente unha semana.
En Requests (Dashboard) podemos ver as solicitudes que temos feitas e na fase de resolución na que se atopan. Non é moi específico, pero axuda cando temos varias peticións pendentes.