O autor pode solicitar a Scopus que unifique dous ou máis perfís:
1. Unha vez identificado en Scopus, realiza unha procura por autor.
2. Se nos resultados aparecen dous ou máis rexistros que pertencen ao mesmo autor, selecciónaos e solicita a fusión coa opción "Request to merge authors".
IMPORTANTE!!
Antes de facer a solicitude temos que comprobar que TODOS os rexistros que aparecen baixo o identificador alternativo son do mesmo autor. É máis frecuente do que podería parecer que baixo un identificador se agochen varios autores con nomes parecidos. Se facemos a fusión sen tino , non só podemos incorporar ao noso perfil traballos que non son propios, senón que tamén danaremos o identificador doutros autores.
3. Na seguinte lapela, Scopus preguntará se ese rexistro lle pertence como autor. Seleccionar "Yes. This is my persoal profile" e pulsar continuar.
4. Neste momento podemos igualmente modificar a forma da sinatura principal que queremos que mostre o perfil. Escolleremos entre as que nos ofrece, que son as que aparecen nos documentos indexados en Scopus. Do mesmo xeito, poderemos escoller a afiliación que aparece como principal (normalmente a que corresponde ao último documento engadido).