Táboa de contidos
Scopus ID é o identificador único de 11 díxitos que esta base de datos asigna a cada perfil de autor. Permite unificar distintas variantes de firma dun mesmo autor baixo un código único que reúne todas as súas publicacións.
Os investigadores non poden crear perfís de investigador en Scopus. Cada perfil de autor xérase automaticamente utilizando un algoritmo que extrae metadatos directamente dos documentos indexados na base de datos. Os datos que figuran nos perfís (nome, afiliacións, áreas temáticas, publicacións, citas, coautores, etc.) proceden das publicacións ingresadas en Scopus.
O perfil de investigador non se pode crear, pero si editar, así como tamén se poden solicitar certas modificacións, sempre dende unha conta persoal que nos identifique.
Para crear a conta:
1. Acceder á páxina principal de Scopus e pulsar "Create account" para despregar o formulario de solicitude.
2. Incluir o correo institucional @usc.es na caixa do email principal para evitar problemas de identificación con outros perfís de autor. Isto permitirá tamén traballar con esta conta en todos os productos de Elsevier subscritos pola institución.
Coa conta rexistrada en Scopus, pulsar "Sign in" para iniciar sesión.
As modificacións que se poidan solicitar no perfil de investigador sempre se farán en base aos datos das publicacións incorporadas en Scopus.
As correccións ortográficas ou erros nos nomes teñen que ser corrixidos na publicación orixinal para que sexan aceptados en Scopus. Na maioría dos casos, o máis rápido e efectivo é que o nome incorrecto se manteña como un alternativo máis.
Pese a todo o coidado que poña o investigador cando asina os seus artigos, poden aparecer novos identificadores para un mesmo autor. Isto provoca: