Ir ao contido principal
Solicitude, prazos e requisitos
- As solicitudes deben realizarse cun mínimo de 1 mes de antelación respecto á data de inauguración da exposición (é recomendable un prazo maior cando se trate dun volume de pezas superior a 15).
- Para exposicións no estranxeiro, o prazo mínimo será de 2 meses.
- A lista definitiva das obras debe estar pechada como moi tarde 20 días antes da inauguración (40 días para exposicións no estranxeiro).
- Todos os custes do envío correrán a cargo da entidade organizadora.
- As entidades interesadas deberán cumprimentar o formulario “Solicitude de obras en préstamo para exposicións” da BUSC . Este formulario firmado polo representante da entidade interesada pode enviarse a: biblioteca.universitaria.informacion@usc.gal.
- Xunto co formulario de solicitude onde se incluirán datos como o nome da exposición, a entidade organizadora, os datos da persoa responsable e o listado de obras solicitadas, a entidade interesada deberá ademais proporcionar información sobre:
- As condicións ambientais da sala de exposicións (temperatura, humidade, iluminación).
- O sistema de seguridade co que conta (alarmas, vixilancia, vitrinas).
- Información sobre a empresa de transporte e almacenamento previo e posterior.
- Correspóndelle ao Reitor da USC a autorización ou denegación do préstamo, para o cal a dirección da BUSC emitirá un informe técnico atendendo ao estado de conservación das obras solicitadas e a idoneidade e condicións do espazo expositivo.
- As obras que non estean en condicións axeitadas deberán ser excluídas do préstamo ou ben sometidas a un proceso de restauración previo, se é o caso.