Ir ao contido principal

Normativa de préstamo de obras da BUSC para exposicións

Actas de Entrega e Devolución

  1. As obras serán retiradas da biblioteca polo persoal acreditado da USC ou da Biblioteca mediante a firma dun acta de entrega.
  1. No momento da devolución cubrirase unha acta de devolución. 

 

Devolución

  1. As obras serán devoltas pola entidade organizadora da exposición coas mesmas condicións de transporte e protección.
  1. No momento da devolución a Biblioteca realizará  unha inspección final para comprobar o estado das pezas e fará constar calquera observación na acta de devolución.
  1. O persoal técnico da biblioteca elaborará un informe da devolución se detectase calquera dano ou incidencia no estado dos exemplares para pedir as responsabilidades correspondentes.
  1. En caso de conflito, procurarase unha resolución amigable. De persistir, recorrerase a mediación, e, de ser necesario, ás accións legais que a USC considere en cada caso.