A Biblioteca Universitaria, como centro custodio do patrimonio bibliográfico da USC, ten entre os seus obxectivos facilitar o acceso e difusión responsable dos seus fondos, e sen dúbida, o préstamo de documentos para exposicións é unha ferramenta valiosa para cumprir con esta misión, sempre que se garanta a integridade das pezas.
Para poder prestar obras para exposicións e cumprir con esta función, é preciso establecer unha normativa que regule as condicións para o préstamo temporal de obras da biblioteca, tanto para exposicións organizadas por outras unidades da Universidade como por entidades externas, sexan de ámbito nacional ou internacional.
O obxecto desta guía e describir a normativa da Biblioteca que regula as condicións para o préstamo temporal de obras e outras pezas, tanto para exposicións organizadas por outras unidades da Universidade como por entidades externas, sexan de ámbito nacional ou internacional.