Ir ao contido principal
Restauración e reprodución
- Cando por razóns de conservación sexa necesaria a restauración dalgunha obra para a súa exhibición, os gastos orixinados correrán por conta da entidade organizadora.
- A biblioteca poderá participar na selección do taller de restauración que se ocupará destes traballos.
- Se fose necesaria a dixitalización previa da obra antes do seu préstamo para unha exposición, seguirase a política e procedementos establecidos pola BUSC para a dixitalización do seu fondo patrimonial.
- Calquera intervención relacionada coa restauración ou a dixitalización do fondo histórico da BUSC poderá ser realizada por persoal da biblioteca ou por profesionais externos aprobados pola biblioteca.
- O préstamo da obra non autoriza a entidade organizadora a facer ningún tipo de intervención ou reprodución da mesma sen o consentimento da BUSC.
- No caso de que a institución organizadora queira reproducir parte do fondo con fins de difusión (carteis, folletos, prensa...) debe comunicalo á Biblioteca no impreso de solicitude, e responsabilizarse da xestión dos dereitos que corresponda segundo a lexislación vixente sobre propiedade intelectual.