Ir ao contido principal

Normativa de préstamo de obras da BUSC para exposicións

Seguro

  1. Previo a retirar as obras da biblioteca, a entidade organizadora deberá contratar un seguro "cravo a cravo" que cubra a totalidade do valor das obras, segundo taxación da biblioteca, e figurando a Universidade de Santiago como entidade beneficiaria.
  1. A póliza debe cubrir calquera risco de perda ou furto, así como danos e deterioracións producidos no transporte ou durante a exposición. 
  1. O alcance do seguro deberá ser por  todo o tempo que a obra permaneza fora da Biblioteca: tempo de transporte (ida e volta), tempo previo/posterior a exposición e tempo da exposición.
  1. A biblioteca poderá, por causa xustificada, rexeitar a aseguradora proposta pola entidade organizadora da exposición e propor outra.