Os usuarios rexistrados poden subscribirse para recibir, a través do correo electrónico, avisos sobre novos documentos engadidos ás coleccións do seu interese. Poderán subscribirse a tantas coleccións coma desexen.
Para subscribirse hai que navegar ata a colección da que se queren recibir avisos e premer na icona da campá Subscribir.
Abrirase a continuación unha ventá onde escoller a periodicidade dos envíos. Elixa unha opción e prema en Enviar.
Repita esta acción para todas as coleccións ás que desexe subscribirse.
Pode xestionar estas subscricións no menú de perfil de usuario.
Escolla o botón de edición ou de borrado para facer os cambios necesarios.