Ir ao contido principal

Minerva - Guía xeral

Política de metadatos

Os metadatos son a información mínima necesaria para identificar un recurso. É toda aquela información descritiva sobre o contexto, calidade, condición ou características dun recurso, dato ou obxecto coa finalidade de facilitar a súa recuperación, autentificación, avaliación, preservación e/ou interoperabilidade.

Hai diversos tipos e modelos de metadatos. Dublin Core (DC) é o esquema de metadatos usado por Minerva, repositorio institucional da USC.

Os metadatos de Minerva pódense compartir e adaptar sempre e cando se recoñeza a súa autoría. Esta política refírese exclusivamente aos metadatos asociados aos documentos depositados, non substitúe ou altera as licenzas e permisos específicos de cada un destes.