Existen diferentes posibilidades de realizar buscas de documentos en Minerva, desde a simple navegación por medio de listaxes alfabéticas á composición de buscas complexas empregando filtros que axudan a refinar os resultados dunha busca inicial.
No menú superior dereito da pantalla atópase a icona dunha lupa que permite realizar unha busca xeral no repositorio, e que permanece en todas as páxinas polas que naveguemos. Premendo nela desprégase a caixa de busca. Ademais do botón que aparece na cabeceira, na área de traballo tamén imos ter unha caixa de busca con funcionamento similar.
Para empregar a caixa de busca, en ambos os dous casos, se se preme na lupa ou Intro despois de introducir un termo na caixa, ábrese a pantalla de resultados, que poden ser refinados posteriormente.
Por defecto esta busca realízase sobre o contido completo do repositorio, en todas as comunidades, subcomunidades e coleccións, e inclúe unha busca xeral nos metadatos e textos completos dos rexistros.
Para limitar os resultados a unha comunidade ou colección concreta, despois de lanzar unha busca inicial prema no botón Todo Minerva e escolla o ámbito de busca na ventá emerxente.
Tamén pode establecer un criterio de ordenación de resultados diferente ao establecido por defecto (relevancia) no menú Axustes. Abra o despregable Ordenar por do menú para cambiar a unha ordenación alfabética por título ou por data de publicación ou ben de envío ao repositorio.
Para establecer un número máximo de resultados a visualizar en cada páxina diferente ao establecido por defecto (10), seleccione una opción distinta no menú despregable resultados por páxina.
Para refinar os resultados das buscas utilice os Filtros dispoñibles no menú esquerdo. Teña en conta que só se activan os filtros que ofrecen algún resultado.
Para aplicar un filtro prema no botón '+' asociado e amosaranse os valores existentes para este. Escolla un (directamente, de entre os cinco primeiros valores que visualizan, coa opción Amosar máis ou ben na caixa de busca) e automaticamente aplícase aos resultados da busca inicial.
Pode inserir tanto filtros como desexe para sumar as condicións de cada un e amosar resultados máis refinados cada vez.
Para eliminar un filtro introducido desmarque a caixa asociada. Para reiniciar os filtros e comezar unha nova busca prema no botón Restablecer filtros.
O filtro Data de publicación é un filtro especial que permite seleccionar directamente un dos rangos que se ofrecen, modificalo coa barra de desprazamento dispoñible ou ben introducir manualmente o rango nos campos Comezo e Fin.
CONSELLOS PARA A BUSCA
Para que a busca resulte máis eficaz teña en conta as seguintes indicacións sobre o comportamento do buscador do sistema:
Tamén pode visualizar listaxes dos documentos depositados en Minerva. Existen cinco índices de navegación, que se amosan no menú da cabeceira Todo Minerva:
Para saltar a un punto concreto destas listaxes introduza as primeiras letras na caixa e prema en Examinar. Debe ter en conta que esta funcionalidade só permite o salto a ese punto da lista, non se trata dun buscador coma tal.
No índice de data de publicación, para saltar a un punto concreto, seleccione un ano e un mes nos despregables ou introduza unha data na caixa e prema en Examinar. Teña en conta que esta funcionalidade só permite o salto a ese punto do índice, non é un buscador.
Para establecer un criterio de ordenación das listaxes diferente ao establecido por defecto seleccione outro distinto no apartado Opcións de ordenación do menú que se abre cando se preme na icona da engrenaxe. Tamén pode fixar un número máximo de resultados para visualizar en cada páxina.