Táboa de contidos
QUEN PODE DEPOSITAR?
O persoal docente e investigador (PDI) da USC.
QUE PODE DEPOSITAR?
Os traballos resultado das súas investigacións, por exemplo: artigos científicos, libros e capítulos de libros, comunicacións e pósters presentados a congresos, xornadas, etc.
EN QUE FORMATOS?
Minerva dá soporte á maioría dos formatos de arquivo, pero recoméndase o uso de formatos abertos ou estándar que non dependan de software propietario, para asegurar a súa accesiblidade no futuro e a preservación dixital. Por exemplo, PDF para artigos e capítulos de libros.
COMO DEPOSITAR?
Para depositar en Minerva debe dirixirse ao correo electrónico minerva@usc.gal e indicar:
Recibirá como resposta unha mensaxe de confirmación e poderá comezar co proceso, que vén detallado na Guía de autoarquivo de Minerva.
No caso de dúbidas ou dificultades no envío de documentos, a Biblioteca Universitaria pode apoiar ao PDI a través do arquivo delegado. Contacte coa biblioteca do seu centro se precisa asistencia neste proceso.
COPYRIGHT E AUTOARQUIVO DAS EDITORIAIS