Táboa de contidos
É posible renovar os préstamos dentro dos periodos establecidos pola Biblioteca sempre que os materiais non estean reservados.
As persoas usuarias poden facer renovacións dende o seu rexistro en Iacobus.
Para renovar un préstamo dende Alma tes que:
1. Seleccionar Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario
2. Acceder ao rexistro da persoa usuaria.
3. Seleccionar a opción Préstamos.
4. Á dereita de cada exemplar prestado, abrir o menú dos tres puntos e premer en Renovar, ou se configuraches esta acción como principal, directamente sobre o botón Renovar.
Pódense renovar varios exemplares ao mesmo tempo seleccionando as opcións Renovar lo seleccionado ou Renovar todo.
5. Para pechar a transacción premer en Hecho. Alma enviará automáticamente un acuse de recibo das obras en préstamo coas novas datas de vencemento.
Cando xa se fixeron dúas renovacións dun exemplar, pero non se completaron todos os días aos que esa persoa usuaria ten dereito (por exemplo, se faltaban dous ou tres días cada vez que renovou) o sistema acumula ese tempo que perdeu e permite unha terceira renovación polos días que restan ata completar o prazo total permitido.
En Alma as renovacións automáticas e as manuais son dous procesos distintos, aínda que se rexen polas mesmas regras de política de préstamo (días, número máximo de renovacións, bloqueos etc.).
Renovación automática: Alma executa un traballo programado que revisa os préstamos e renova automaticamente os que cumpren as condicións da política de circulación.
Renovación manual: (polo usuario ou por persoal no mostrador). Non está en conflito coa renovación automática, o usuario pode forzar unha renovación en calquera momento, sempre que non existan bloqueos (reservas, tope de renovacións, etc.). É dicir, as renovacións automáticas non bloquean as manuais. O único que manda son as políticas de préstamo e as condicións do exemplar/usuario.
As renovacións do préstamo para o PDI, alumnos de grao e 4º ciclo, master, doutorando e PTXAS están automatizadas en Alma: Táboa de tipos de préstamo
A renovación automática afecta os libros prestables, de préstamo curto e material acompañante.
Non se activará a renovación automática nos seguintes casos:
Na actualidade están activadas as cartas de notificación de renovación automática.