Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Alumnos, PDI e PAS

Os alumnos, PDI e PAS da USC aparecen en alma en contas externas, que están sincronizadas con Alma utilizando o Perfil de integración de usuario. Esta integración a realiza exclusivamente ATIC-CAU. A BUSC non pode engadir contas externas.

Os datos incorporados polo ATIC as contas externas en Alma, non poden ser modificados nin eliminados polo persoal dos mostradores de préstamo. Calquera erro debe comunicarse o enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal

Consulta en Rexistro de usuarios / Editar contas externas os datos que podemos modificar neste tipo de contas. 

Caso particular para Alumni que non xestiona o CAU

Usuarios externos e invitados

A BUSC crea e xestiona as contas internas correspondentes aos usuarios externos e invitados recollidos no apartado desta guía: Usuarios/Tipos de rexistro de usuario

Para crear estas contas tes que ir a Servicios al usuario / Gestionar servicios al usuario. Aparecerá a visualización de Gestión rápida de usuarios. Prememos no botón Registrar nuevo usuario

 

Importante: ao cubrir os formularios ten coidado de que cada dato vaia no seu campo correspondente. A maioría son recuperables, polo que deben conter a información correcta. Iremos cubrindo o formulario do seguinte xeito: 

1. Ajustes de proxy: non engadir como proxy de servizos ao usuario.
2. Información de usuario:

Cubre os campos cos datos do usuario co asterisco vermello. O nome, o identificador primario, que é o código de barras que tes que pegar na nova tarxeta de lector e escanear cando cubramos este dato. Eliminaremos o identificador que crea por defecto Alma. O idioma predefinido para o sistema e as cartas e o galego. Pódese cambiar en caso de estudantes estranxeiros. En grupo de usuarios utilizaremos  Usuarios externos ou Usuarios invitados. 

O campo Fecha de expiración e obrigatorio para os grupos de usuarios: usuario externo e usuario invitado.

Podes engadir datos relativos ao Nome preferido, Título pero non son obrigatorios. O dato Género non se usa na BUSC.

 

3. Información de gestión de usuario:

Neste apartado o sistema crea un contrasinal provisorio que o usuario terá que cambiar a primeira vez que entre en Primo/Iacobus. Tes que deixar en blanco todo e marcar Forzar cambio de contraseña en el siguiente inicio de sesión

 

 

 

Remitiremos ao usuario á Guía rápida de rexistro de usuarios externos autorizados na que se indica que o usuario terá que marcar que esqueceu o contrasinal para volver a xerar outra. 

 

4. Direcciones de correo electrónico:

Finalmente, en Direcciones de correo electrónico engadirás o correo electrónico do usuario. 

 

 

Preme en Actualizar usuario

Volverá a visualización Servicios del usuario. Dependendo do tamaño da pantalla do dispositivo esta información pode aparecer no lateral ou na parte superior.

 

 

Premendo no ID, entrarás na visualización Detalles del usuario.

Nesta visualización completaremos os seguintes datos:

  • Información de contacto: enderezos e teléfono
  • Identificadores
  • Estatísticas

 

5. Información de contacto:

Enderezo, teléfono e correo electrónico alternativo (opcional)

Entramos na pestana: Información de contacto

 

e engadimos a dirección postal, o teléfono e outro correo electrónico opcional.

 

6. Identificadores: DNI

Preme en Añadir identificador e engade o DNI (preferiblemente coa letra) ou o pasaporte como University ID

7. Estadísticas

Engade como mínimo a estatística UBIB. 

Prememos en Añadir estadística e eliximos como Tipo de categoría: UBIB que é a biblioteca na que o usuario se rexistra e como Categoría estadística: a biblioteca na que se abre a conta a persoa usuaria. Prememos en Añadir y cerrar

 

 

Cando teñas todos estes datos cubertos, preme en Guardar na esquina superior dereita

 

Formulario de protección de datos

Segundo a normativa de préstamo da BUSC vixente os usuarios externos e usuarios invitados teñen que cubrir sempre un impreso no que darán a súa conformidade para que os seus datos persoais sexan incluídos no ficheiro de usuarios da biblioteca.

O impreso debe ser escaneado e achegado ao rexistro da persoa usuaria na lapela Adjuntos

Procedemento: 

  1. Escaneamos o documento e o nomeamos como: ImpresoProteccionDatos
  2. Na pestana Adjuntos do rexistro de usuario seleccionamos Añadir adjunto. Localizamos o impreso escaneado no noso ordenador e o engadimos. 

 

Persoas usuarias invitadas

Ás persoas alleas á comunidade universitaria que non reúnan os requisitos para ter unha tarxeta de Usuario externo pero que queren consultar fondos en sala se lles fará unha conta interna denominada Usuario invitado. Os usuarios invitados só poden utilizar o mostrador de sala e consultarán en sala tanto obras prestables como non prestables. No caso das prestables teremos que premer en Ignorar para prestalas no citado mostrador. 

Procederemos á creación da súa conta do xeito seguinte:

  • Cubriremos o rexistro como indicamos no apartado anterior elixindo como tipo de conta: Interno e como grupo: Usuario invitado
  • Terán que cubrir tamén o formulario de protección de datos que engadiremos na pestana Adjuntos.
  • Desactivaremos o rexistro cando remate o período de consulta necesario para o usuario. Farémolo en Detalles del usuario / Información general / Estado, elixindo Inactivo. Premeremos en Guardar

 

Alumni

De xeito regular, todos os alumnos sen matrícula vixente na USC, pasan en Alma ao grupo de usuarios Alumni. Este traballo faino o ATIC, e o cambio non implica un cambio de conta, polo que todos os ex-alumnos pasan o grupo Alumni en contas externas. Os rexistros en Alma de PAS e PDI actualízanse se xeito regular dende a Bca Xeral (PAS) e dende as Bcas de Centro/Intercentro (PDI).

No caso dos Alumni podemos atopar dúas situacións:

1. Alumni que conserven as súas credenciais, se non fai moito tempo da súa gradación ou xubilación. De ser o caso:

  • Os Alumni mantéñense en contas externas mentres teñan credenciais USC
  • Seguen usando o código de barras, o enderezo de correo-e e a contrasinal proporcionados polo CAU
  • Seleccionamos como grupo de usuario: Alumni.
  • Cubrimos o resto dos datos do rexistro de usuario, na información xeral, datos de contacto, indicadores e estatísticas.
  • É importante actualizar os datos de enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono.
  • Os usuarios Alumni non teñen data de caducidade do rexistro.
  • Non é necesario incluír formulario de protección de datos

2. Alumni sen credenciais da USCe con rexistro en Alma (graduados ou xubilados fai tempo), o cau non crea novas credenciais para estes ex-membros da comunidade universitaria, temos que corrixir nos os rexistros de usuario en Alma:

  • Hai que cambiar o seu rexistro a conta interna. Comunicalo o enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal
  • Se a persoa usuaria conserva unha TUI física podemos usar o código de barras, se non é o caso faremos un cartón con código de barras como os dos usuarios externos.
  • Seleccionamos como grupo de usuario: Alumni.
  • Cubrimos o resto dos datos do rexistro de usuario, na información xeral, datos de contacto, indicadores e actualizamos as estatísticas.
  • É importante actualizar os datos de enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono.
  • Os usuarios Alumni non teñen data de caducidade do rexistro.
  • Non é necesario incluír formulario de protección de datos

3. Alumni sen credenciais da USC e sen rexistro en Alma (en xeral graduados ou xubilados dende fai tempo que non tiñan relación coa biblioteca antes da implementación de Alma):

  • Hai que crear un novo rexistro de Alma (nunha conta interna), como facemos para os usuarios externos
    • No apartado Información do usuario>grupo de usuario: Alumni
    • No apartado Estatísticas: Tipo de categoría: Alumni. Categoría: alumno. PAS ou PDI
    • Os usuarios Alumni non teñen data de caducidade do rexistro.
    • Neste caso é necesario incluír formulario de protección de datos, como cos usuarios externos.

Baixas e cambios de conta

Baixas de contas externas

Dende a BUSC non podemos dar de baixa as contas externas (usuarios que teñen ou tiveron vinculación coa USC) que dependen do SIS.

 

Baixas de contas internas

A BUSC pode dar de baixa contas internas. Deberase realizar unha revisión e limpeza destas contas dende a Biblioteca Xeral.

As contas internas do grupo Usuario invitado serán desactivadas cando os seus titulares rematen de consultar os fondos da biblioteca. 


Cambio de condición de usuarios con conta externa

Todos os usuarios cunha conta externa en Alma (comunidade da USC), cando deixan de ter relación coa universidade:

  • Manteñen as súas credenciais institucionais.
  • Pasan a Grupo de usuarios Alumni.  Este cambio faise de xeito automático polo ATIC para os alumnos, pero debe ser controlado manualmente polo persoal da BUSC para os PAS e PDI
  • O identificador primario (código de barras) non se modifica
  • Os Alumni poden seguir usando a TUI para acceder a biblioteca. No caso das TUI dixitais, poderan usarse mentres a APP estea activa. (cando deixe de estar activa, mentres o ATIC non implemente unha solución definitiva, o persoal do mostrador preguntará polo número do DNI para poder acceder ó rexistro de usuario).

PDI e PAS que pasan a Alumni

Debemos modificar os seguintes datos do seu rexistro de usuario:

 

  • Cambiar o grupo de usuario a Alumni

 

 

  • Estadísticas: cubrir as categorías correspondentes os tipos: ALUMNI e Biblioteca-UBIB (deben deixarse as categorías estatísticas previas de Departamento ou Centro)

 

  • Na información de contacto pódense actualizar os datos:
  1. Teléfono (se é o caso)
  2. Dirección postal
  3. Correo electrónico (aínda que a conta da USC segue a estar activa, é convinte solicitar un correo de uso habitual)

 

Estudantes da USC que pasan a Alumni:

No caso dos Alumni-alumnos da USC (ex- alumnos que xa non están matriculados en ningunha titulación):

  • O cambio do grupo de usuario a Alumni faino o ATIC
  • A actualización das estatísticas  ALUMNI faino o ATIC (non é necesario engadir outra estatística)
  • Na información de contacto pódese actualizar:
  1. Teléfono (se é o caso)
  2. Dirección postal
  3. Correo electrónico (aínda que a conta da USC segue a estar activa, é convinte solicitar un correo de uso habitual)
 
Alumni non xestionados polo ATIC-CAU

Consulta o caso de Alumni non Xestionados polo ATIC

 

Renovar a condición de usuario para os usuarios externos

Contas externas

É o ATIC-CAU, quen por medio das actualizacións dos rexistros de usuario, o que determina a vixencia ou non da relación da persoa usuaria coa USC e o grupo de usuario que lle corresponde.

 

Contas internas

  • Usuarios externos . Deberán se renovadas (segundo a data de caducidade) no mostrador de prestamo da biblioteca por petición da persoa usuaria. Aquelas contas que non sexan renovadas nun período de tempo razoable, poderán ser dadas de baixa polos servizos centrais da BUSC.
  • Usuarios invitados. Só se poderán renovar dúas veces ao ano. 

Procedemento para renovar a carta de lector de persoas usuarias externas (contas internas)

Dende Servicios al usuario / Gestionar servicios al usuario

  • Tecleamos os datos da persoa usuaria e prememos en Ir
  • Aparecerá un aviso de que o carnet non está activado.
  • Comprobamos que a persoa usuaria non ten devolucións caducadas pendentes
  • Prememos Añadir/Renovar función de usuario
  • Prememos en Aceptar.
  • Prememos en Hecho