Táboa de contidos
No rexistro das persoas usuarias, na pestana Estadísticas, as categorías estatísticas recollen datos que non se atopan na información do rexistro de usuario/a. Cada usuario/a terá polo xeral unha única categoría asociada. Poderá ser máis dunha cando se engaden as titulacións cargadas pola ATIC.
Na BUSC usamos as seguintes categorías estatísticas:
Ex membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI, PTXAS). No caso do alumnado o mantemento corresponde á ATIC.
Bibliotecas do sistema da BUSC. Obrigatoria para persoas usuarias externas, invitadas e PTXAS/Persoal BUSC . O PTXAS e Persoal BUSC pode ter ademais estatísticas de titulación cargadas pola ATIC.
Facultades, Institutos e Centros de investigación. De uso obrigatorio para o PDI non asociado a un departamento, como o persoal exclusivamente investigador ou profesorado de centros adscritos sen vinculación a departamentos.
Departamentos da USC. Obrigatorio para o PDI con docencia na USC.
Información de Xescampus sobre a titulación na que están matriculadas as persoas usuarias. Cárgaa a ATIC para todo o estudantado. Non se debe modificar nin borrar.
Por grupo de persoa usuaria:
Alumnado de Grao e 4º ciclo: estatística de titulación en Xescampus. Pode haber máis dunha titulación.
Posgrao, Máster: estatística de titulación en Xescampus. Pode haber máis dunha titulación.
Alumnado de doutoramento: estatística de titulación en Xescampus. Pode haber máis dunha titulación.
Profesorado/Persoal Investigador USC: estatística de departamento ou estatística de facultade-centro no caso de persoal exclusivamente investigador ou profesorado de centros adscritos sen vinculación a departamentos. Pode haber tamén estatística de titulación en Xescampus (cargada pola ATIC).
Persoal BUSC: estatística de biblioteca. Pode haber tamén estatística de titulación en Xescampus (cargada pola ATIC).
PTXAS USC: estatística de biblioteca. Pode haber tamén estatística de titulación en Xescampus (cargada pola ATIC).
Alumni: estatística alumni.