Ir ao contido principal

Dereitos de autor e acceso aberto

Ciclo de vida dos documentos

En relación ás versións do ciclo de vida dos documentos, hai que dicir que a terminoloxía varía moito dependendo de quen a use. A comunidade open access fala de tres tipos de versións: preprint, postprint do autor e postprint da editorial.

  • O preprint do texto é a primeira versión do artigo que se envía á editorial para a súa revisión.
  • O postprint do/a autor/a é a versión final dos/as autores/as que inclúe os cambios propostos polas persoas revisoras e aprobado para a súa publicación.
  • O postprint da editorial (postprint editorial, pdf da editorial, etc.) é a versión final publicada pola editorial que inclúe a maquetación da editorial (logos, paxinación).

É moi importante que se conserven todas as versións do ciclo de vida dos documentos.