Ir ao contido principal

Dereitos de autor e acceso aberto

Dereitos de autor e autoarquivo

Antes de depositar un traballo en Minerva hai que saber se se pode e en que condicións. Existen varias situacións:

  • No caso de traballos inéditos non é necesario pedir ningún permiso para depositar en Minerva, xa que a persoa autora é a titular dos dereitos.
  • No caso de traballos xa publicados existen varias posibilidades:
    • A persoa autora mantén os dereitos de explotación sobre a súa obra, polo tanto, non é preciso solicitar permisos para o autoarquivo.
    • Cesión non exclusiva (“licencias”). A persoa autora mantén a titularidade para facer uso da súa obra, polo tanto, pode depositar a obra en Minerva.
    • Cesión exclusiva : a titularidade da obra foi transferida, polo tanto, é necesario comprobar os permisos de depósito e as condicións de autoarquivo das editoriais.

Máis información na sección Copyright e autoarquivo das editoriais.