No buscador de libros podemos aplicar aqueles filtros que nos interesen, ademais de procurar directamente polo título da obra.
Entre os filtros temos o nivel de contido, as especialidades que nos interesen e a consulta por inicial alfabética.
Os libros poden gardarse nunha lista de favoritos e tamén engadirse a Bookshelf, así como compartir a referencia dos mesmos mediante o correspondente enlace.
Cómpre destacar que os capítulos e seccións dos mesmos tamén poden incluírse en coleccións e listas de lectura, para a súa consulta e/ou uso posterior. A diferenza das coleccións, as listas de lectura agrupan os capítulos e seccións que forman parte dun mesmo libro, ofrecendo unha visualización rápida dos mesmos.