Os recursos dispoñibles en ClinicalKey Student clasifícanse, esencialmente, en libros, imaxes, vídeos e resumos de enfermidades. Isto permite abordar e/ou estudar o material presente na plataforma desde ópticas variadas, atendendo ás diferentes necesidades e estratexias do estudante.
Mediante a lupa da parte superior dereita podemos procurar, en todos os recursos mencionados, aquilo que nos interese, e posteriormente filtrar por especialidade, tipo de contido... etc.