Bookshelf é unha ferramenta dispoñible en ClinicalKey mediante a cal podemos ter unha lectura máis cómoda das monografías ofrecidas pola plataforma. A lectura pode ser online ou offline, por teléfono móbil ou ordenador, sendo imprescindible para a lectura offline a descarga previa da aplicación. Para facer a descarga podemos consultar no apartado "Axuda", na dereita da pantalla, os pasos a seguir.
Entre as funcionalidades de Bookshelf podemos mencionar a inclusión das anotacións que nos interesen, a elaboración de fichas educativas (para uso propio ou de terceiros), o emprego de marcadores, diferentes opcións de lectura e visualización, exportación de citas... etc.