Ir ao contido principal

ClinicalKey Student

Imaxes

É posible filtrar as imaxes da plataforma por nivel do contido ou especialidade, podendo acceder en cada unha das mesmas ao libro fonte, engadilas a coleccións ou listas de presentacións (estas últimas descargables en PPT, é dicir, Powerpoint), así como consultar os datos de cada imaxe concreta.

Recoméndase, no caso de procurar imaxes por termo ou termos concretos, acudir á lupa de busca xeral e, a seguir, filtrar por imaxes, xa que polo momento non hai unha caixa de busca directa para as mesmas, a diferenza dos libros ou dos resumos de enfermidades.